Acerca de

Anxo Dafonte é un afeccionado á fotografía que trata de irse formando pouco a pouco neste arte co único obxectivo de pasalo ben e gozar co seu deporte favorito: disparar coa súa cámara a todo o que se menea. Actualmente traballa coma controlador de aparcadoiros públicos subterráneos e a actividade fotográfica é a súa paixón fóra do seu ámbito profesional.

Non lle gusta usar o retoque máis alá do tratamento da cor aínda que si lle encanta practicar con efectos visuais e iluminacións artificiais que fan que unha cousa poida parecer outra moi distinta. Estuda e practica cada día para mellorar a súa técnica e aproveitar na medida do posíbel os seus escasos recursos.

Anxo dispara cun equipo moi básico, actualmente cunha Nikon D3400 e os lentes que acompañan o corpo son o AF-P DX NIKKOR 18-55mm 1:3.5-5.6G que viña no kit de cando mercou a cámara, o AF-S DX NIKKOR 55-300mm 1:4.4-5.6G ED VR que mercou uns poucos meses despois para aumentar o rango de acción e un sinxelo e barato Yongnuo 50mm 1:1.8 co que lle encanta practicar con profundidades de campo moi curtas. En resumo, o que moitos dan en chamar “pisapapeis”.

Este equipo fai que as súas capacidades técnicas se vexan moi limitadas pero non así as súas gañas.

Anxo non vende fotografías, e se algunha che gustase, non tes que roubala, seguramente non terá problema en compartila contigo sempre e cando teñas a deferencia de pedirlla. Con todo, a lei ampara os dereitos de autor e como tal non pensa renunciar a eles no caso de que decidas apropiarte indebidamente dalgunha imaxe.

Grazas por achegarte aquí, se liches esta introdución enteira xa eres valente abondo e gañaches o todo o respeto deste aspirante tirador galego de elite.

Saúdos e boa puntería!

Advertisements