Fachada do Obradoiro

img_4437-1

“A catedral é un corazón. A torre, un brote. Contaron as escaleiras que levan á plataforma? Cada noite son máis numerosos.”

Jean Arp

Coma vos contaba no comentario da foto Praza do Obradoiro, erguerse cedo leva premio, pero non é un agasallo, hai que traballalo.

Xa sabedes que un abrente, ao igual que un solpor, pode durar apenas uns dez minutos e se non dispós de axudantes e de varios equipos terás que bulir se queres facer varias capturas desde distintas posicións.

Deberás estudar moi ben non só o comportamento dos visitantes que che poden estragar a toma, sobre todo se falamos dunha exposición lenta; senón tamén os encadres e memorizar, se non podes marcalo, os puntos exactos nos que situar o teu trípode.

A configuración da cámara tamén debe estar ben estudada e practicada ou non che dará tempo a corrixir a exposición pois a luz mudará segundo a túa posición fronte ao suxeito. En resumo: deberás ter ben planificada a toma, saber o que queres acadar e como o tes que facer.

Para ter éxito, se non dispós de equipo variado e de axudantes, o mellor que podes facer é ir so. Isto significa que terás que facer ti mesmo todo o traballo e para iso deberías pensar en levar roupa cómoda pois terás que correr. Se decides ir acompañado deberías levar contigo xente que goce da mesma afección ou de seguro os aburrirás e che meterán presa pois non comprenderán o que estás a facer.

Chegar con tempo á localización será a base de todo. Terás que estudar ben o ambiente para poder intuír calquera cambio no mesmo e que podería facer que non puideras volver co traballo feito e perder toda unha mañá sen que pagase a pena madrugar.

Buscar a posición para o encadre que buscas levarache o teu tempo e ten en conta de probar varias aínda que penses que xa atopaches a que querías. Ao respecto, lembrarche que unha vez decidas como encadrar, debes coller o sitio e colocar o trípode xa no lugar definitiva e non moverte de alí, agardando pacientemente ao abrente (ou ao solpor se fose o caso). Ten en conta que moitos turistas, no momento que detectan a alguén que parece ter algo de idea do que fan, tratarán de imitalo e capturar a mesma imaxe. Se botas moito tempo no teu sitio favorito e logo o abandonas, de seguro outro cho vai coller, mentres que se cando buscas, se o atopas pero queres seguir probando porque pode existir outro encadre mellor, debes ser capaz de intuílo rapidamente e non dar sinais de triunfo; dese xeito poderás seguir probando sen medo a perdelo.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s