Mellor cóntasmo por carta

“E artigo coa boca contra o teléfono, quérote, no caso de que algunhas das súas células capten as vibracións e me serva para ben na outra vida. Se é que hai unha. Se hai unha vindeira vida, agardo sexa no pasado, non creo que o futuro sexa máis manexábel.” – Ned Viccini

Ben certo é iso de que temos que ver, debemos observar detidamente o noso arredor e ver; mirar e ver. Aí está a chave para poder contar unha historia nunha soa instantánea. Por suposto, a sorte tamén inflúe moito, pero por moita sorte que teña un fotógrafo, se non é capaz de ler a escena, a foto escápaselle seguro.

Unha cabina de teléfonos e unha caixa de correos. Parece mobiliario urbano en perigo de extinción por mor das novas tecnoloxías. Realmente costa moito traballo atopar a alguén falando a través dunha cabina telefónica. Pero neste caso puiden cantar bingo.

Tocaba compor e podería usar a dirección da mirada e encadrar máis cara a dereita ao suxeito pero na parte esquerda da fotografía quedaría moita información baldía, nin sequera un espazo negativo.

Centrando ao home que está falando por teléfono, cambia bastante o conto, pero busco transmitir algo de serenidade ademais de deixar espazo na dereita do cadro para esa escalinata de pedra que te invita a saír da imaxe. Esta cualidade converte unha fotografía que podería ser  de encadre pechado a telo aberto.

Nesta imaxe usouse o quitamanchas para retirar a matrícula dun vehículo e non vulnerar a LOPD pero aparte do tratamento da cor para o seu virado a branco e preto, non atopamos máis modificacións, tan so un revelado do arquivo RAW. A elección do estilo monocromático débese ao efecto de traslado ao pasado que produce cando vemos unha fotografía nesa escala tonal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s