Bela e Cacto

XosÈ Anxo Dafonte GÛmez. Ariadna Dafonte Inostroza

“Calquera que odie algo é porque se sente ameazado por elo.”

Neil Strauss

O máis complexo desta captura foi o enfoque, xa que ao ser unha toma de longa exposición costa moito acadar que o modelo humano permaneza totalmente estático no sitio e a trepidación prodúcese ben cando se move a cámara no momento do disparo ou cando o fai o suxeito fotografado. Trece segundos son unha eternidade para alguén a quen se lle pide que non se mova nin un so milímetro.

O primeiro que temos que facer é calcular a distancia e enfocar correctamente. Unha vez feito isto poderemos empregar a técnica da exposición múltiple, é dicir: podemos expoñer na mesma toma empregando golpes de luz, tanto ten se é continua ou con flash.

O motivo polo cal usei esta técnica é porque quería facer a fotografía en total escuridade para que o fondo saíse preto, porque trátase realmente dunha recreación de estudio (ben, realmente foi feita na casa, digamos que de estudio caseiro) dunha fotografía nocturna.

Ían ser moitos controis de luz ao tempo e debo recoñecer que precisei un pouco de axuda para crear esa estrela. Cada elemento tiña a súa propia iluminación. A modelo ía ser iluminada cun golpe de flash, para logo retirarse da escena; o cacto con lanterna e a estrela non era outra cousa que a lámpada LED dun teléfono colocado tras un fondo de tecido negro. Para suxeitar ese teléfono é para o que precisei axuda dunha terceira persoa que colaborou na composición.

Co tema da iluminación, aínda que non era moi doado, fun quen eu mesmo. Nunha mesma man controlaba o disparador remoto da cámara e unha lanterna. O control remoto éche sempre moi útil para controlar a trepidación que se poida producir ao premer o obturador ademais de que che permite operar con maior velocidade.

Unha vez obturei, totalmente ás escuras, disparei un golpe de flash contra a modelo a que lle pedín retirarse rapidamente tras o disparo, xa tiñamos a primeira exposición. A estrela estábase a expoñer durante todo o tempo, para acadar ese efecto estrelado usei a técnica do diafragmado pechando ata un f/16. O resto da exposición a fixen coa luz continua dunha lanterna de man, pintando a totalidade do cacto.

Así é como cunha soa toma, podemos facer varias exposicións e non ter a necesidade de manipular a imaxe con ningún programa informático de edición dixital. Deste xeito conservamos a pureza da fotografía e evitamos crear unha ilustración ademais de non ter que perder máis tempo en post-produción ca un simple revelado dixital do arquivo RAW.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s