Cabalgando fronte o Apóstolo

Jinetes culminan el Camino de Santiago frente a la fachada de la Catedral.

“Sempre pensei que nada é mellor ca viaxar a cabalo, pois o camiño componse de infinitas chegadas. Chégase a un cruceiro, a unha flor, a unha árbore, á sombra dunha nube sobre a area do camiño; chégase ao regato, a cima da serra, a pedra estraña. Asemella que o camiño vai inventando sorpresas para goce da alma do viaxeiro.”

Atahualpa Yupanaqui

O día que capturei esta imaxe aprendín dúas cousas, que os fotógrafos madrugadores acaban por ser premiados e que cando pensas que remataches a sesión, xurde unha nova oportunidade.

Esa mañá decidín pegarme un brutal madrugón porque quería chegar antes do abrente e fotografar a catedral compostelá pintada de dourado polas primeiras luces do día. Porén, o mellor case que estaba por acontecer a media mañá.

Logo dunhas horas de sesión e obter a imaxe que buscaba, fiquei un anaco no lugar para gozar das vistas e da diversidade dos visitantes. Un fito realmente marabilloso, un dos meus lugares favoritos a pesar de non ser en absoluto relixioso. Sentarse e pasar unha mañá na praza resulta fascinante. O ir e vir dos peregrinos é constante o que produce un importante enriquecemento cultural.

Xa recollera os meus aparellos cando de socato comezou a desfilar ante os meus ollos todo un clube hípico que acababa de rematar o Camiño. Durante uns minutos, a praza do Obradoiro retrocedeu varias décadas no tempo.

Aínda que fose a pulso, perder ese momento sería imperdoábel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s