Luces e cores no Gaiás

Colores del Gaiás

“Incorporei nunha orquestración de cores puros todos os coñecementos dos que fun consciente.”

André Derain

Cidade da Cultura é un lugar ao que me encanta ir e xa non era a primeira vez que o fotografaba. Cando cheguei tiña moi claro o que buscaba. As Torres Hejduk ilumínanse en días normais de cor branca e durante uns segundos mudan a vermello. Sabía que xogando co equilibrio de brancos conseguiría que as brancas luces virasen azuis ao mesmo tempo que o ceo do anoitecer. So me faltaba agardar a que puidese incorporar a alguén que me fixese de escala e non estivese o suficientemente preto para restar protagonismo ao fito urbano.

Procuraba un xogo de luces, cores, liñas, formas xeométricas e que todo estivese posto no seu sitio para que o espectador tivese que percorrer coa ollada toda a imaxe. Tentaba facer unha fotografía urbana nocturna e que non se puidese confundir cun intento de fotografía de arquitectura. Tiña para elo que restarlle importancia ao edificio, o cal sería moi sinxelo cun encadre máis centrado pero tería que renunciar ao resto do escenario e iso era algo que non entraba na miña visión.

Quería aproveitar as lousas luminosas de cor vermellas e que estas comezasen un camiño que me levase ata a torre iluminada da mesma cor. Ao mesmo tempo, para que o espectador non detivese moito tempo a ollada no edificio, debía aproveitar a claridade tanto do expositor de información que se ve no primeiro plano coma a iluminación das fiestras que dirixen cara o fondo. O problema: as fiestras son grandes, iluminados en branco e iso foi o que me deu a idea de xogar co equilibrio de brancos, tiña que arrefriar a luz e volvela case azul. Logo, ao revelar, xogaría tamén con baixar aínda máis os brancos e deste xeito a torre vermella seguiría sendo o máis brillante e o que atrae a ollada do observador.

A escala tampouco foi sinxela de obter. Pasaban os minutos, o ceo era cada vez máis escuro e o frío comezaba a ser bastante molesto. Porén, quedaban moitos visitantes que paseaban pola escena e a facían bastante caótica. Houbo un intre, de tan so un par de minutos, no que o sitio quedou baleiro. Todos os visitantes amontoáranse nun lateral, nunha fas fachadas en forma de ladeira que atraen e invitan a subirse nelas. O colmo! Ou moita xente ou ninguén! O termo intermedio xa non existía. Pero igual ca se me leran a mente, dous mozos decidiron incorporarse de onde estaban sentado e colocáronse no lugar ideal permitíndome amosar a dimensión da contorna coa sempre infalible referencia humana. Precisaba so que ficasen alí un tempo mentres tentaba cazar ao fito iluminado de vermello.

Por sorte non me levou moito porque mentres agardaba esa oportunidade fora xa practicando e levando conta mental do tempo para os cambios de luces, así que sabía cando era que tiña que disparar… e por sorte acertei, porque os rapaces liscaron de alí tras facerse un par de fotos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s