A ofrenda

“A natureza sempre leva as cores do espírito.”

Ralph Waldo Emerson

A chave desta fotografía foi a iluminación. Usei dous tipos: continuo, iluminando coa lanterna e un flash externo sincronizado á segunda cortina.

Unha vez atopado o encadre e a exposición que me gustaba onde procurei diafragmar moito para poder crear ese efecto de estrea coa chama, tiña cinco segundos para iluminar os puntos que me pareceron ideais para crear algo semellante ao que en pintura lle chaman fulcrum.

Podía aumentar o tempo de exposición subindo a sensibilidade ISO, pero ao tratar de crear un ambiente e mensaxe espiritual mediante unha imaxe con pouca iluminación, subir a sensibilidade restaríalle calidade ás zonas escuras que son as que predominan.

Cos puntos de luz quería crear ese fulcrum cun punto de partida na cor vermella da vela, que é o primeiro que atrae á ollada do observador. Despois tratei de describir un triángulo coa rocha, a punta da planta e rematado no rostro do orador (a parte más difícil).

Ese ollo que ten a figura non está creado con ningún programa informático, o debuxei facendo pasar a luz da lanterna a través dunha lupa que redirixe os raios de xeito distinto segundo sexa a súa inclinación e o ángulo no que incide. Coma dicía, non foi sinxelo, teñamos en conta que todos eses puntos de luz pintáronse en tan so cinco segundos e para formar o ollo precisei de moita práctica e varios intentos.

Esta imaxe supuxo para min unha moi boa práctica de iluminación coa que fiquei bastante satisfeito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s