Trala fechadura

Círculos de luz... abstracción

“Tarde, xa no limiar dos meus noventa anos abriuse a porta en min e entrei na claridade da mañá.”

Czeslaw Milosz

Pode que algún pense que se atopa ante un debuxo pero non, trátase dunha fotografía e en absoluto recibiu retoque dixital agás o seu correspondente revelado do arquivo RAW.

Procuraba con ela algo abstracto pero con certo senso. Textura… moita textura e logo formas… formas interesantes e chocantes. Pode que sexa esta unha das miñas creacións favoritas. Non resultou doado obtela, precisei tempo e moitos disparos probando diferentes esquemas de iluminación así coma da colocación dos suxeitos porque existen varios pero ao tratarse de fotografía abstracta, o ideal é que non se distingan nin haxa ningún que resalte sobre os demais.

Para esta captura usei vasos de distintas formas e tamaños. Hainos anchos, deses que se usan para beber sidra ou gintonics; outros eran cónicos cunha base moi pequena e; os meus vasos protagonistas, os que daban cor, eran vasos de tiro cónicos cuxa base ten forma de bola e cada unha desas bolas tiña unha cor. So tiña que elixir combinacións intelixentes que compensasen a dominante amarela.

Por abaixo e aos lados, puxen distintas fontes de luz con intensidades e temperaturas tamén desiguais. Tratábase de luz continua e axudeime para elo de lanternas LED de varios teléfonos móbiles e dalgunha que outra lanterna antiga desas que so levan unha lámpada e que dan unha luz moi cálida.

Sobre os vasos puxen un folio amarelo que sería sobre o que debuxaría con toda esa luz. O plano é totalmente cenital e tras probar varias configuracións, elixín pechar moito o diafragma do meu obxectivo porque deste xeito roubaba máis textura ao papel.

O equilibrio de brancos tamén foi elixido durante o disparo porque non me gustaba a base dun dos vasiños azuis e quería que tornase un pouco máis verdoso.

A iluminación foi o que máis problemas me deu durante a sesión. Tiña en mente crear esa especie de fechadura que se aprecia na zona inferior esquerda e tiven que desfacer e volver construír o escenario moitas veces ata conseguir obtela. O encadre vertical tamén ten que ver coa visión da fechadura, é máis sinxelo para o espectador pensar nunha porta vertical que nunha horizontal.

Coas formas procurei triangulacións e incluso algo de pareidolia, pero aí xa entramos na subxectividade do espectador. Ao ser o autor teño moi claro o que quero amosar e ver e por iso para min a pareidolia está bastante visíbel, pero se cha comentase, xa non serías o suficientemente obxectivo para entender a obra e ademais, cada observador (e iso é unha das marabillas da fotografía abstracta) pode ler unha historia distinta en cada imaxe, así que non lle deas moitas voltas e déixate levar polo que che faga sentir e, se o queres compartir, podes facelo a través dos comentarios que sempre serán ben recibidos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s