A bruxiña

“En verdade, o mundo está poboado de bruxas; unhas indulxentes, outras máis implacábeis; pero o reino, non so da fantasía senón o da realidade evidente, pertence ás bruxas.”

Reinaldo Arenas

Modelo: Sei Cimi. Grupo de Animación EK-DARO.

Se callar sexa esta unha das fotografías ás que máis agarimo lle teño polo que para min representa: o comezo dun proxecto.

Foron moitos anos tomando fotografías calquera e de calquera xeito, sen preocuparme da composición nin cousas dese tipo.

Nun principio ía ser ese un día calquera. Quería probar o meu equipo, a recentemente adquirida Nikon D3400 e estrear un obxectivo zoom recentemente saído do forno: o 55-300mm, pero aínda non chegara desa o seu momento.

Comecei co pisapapeis 18-55mm nunha feira medieval ateigada de xente. Adentrámonos nunha estreita rúa e alí estaba esta simpática bruxiña.

O meu maior problema coa disciplina de retrato (que me encanta) é a miña timidez. Sonche un tipo tímido e reservado á hora de dispararlle a alguén e por iso non teño retratos na miña colección xa que adoito practicar coa miña familia e sobre todo coa miña filla de nove aniños.

Se cadra esa bruxiña chegou pensar de min que era eslamiado e borde de primeiras cando se ofreceu a pousar para min, pero a miña seriedade nas respostas era producida polos nervios. Estaba nervioso porque afrontaba o meu primeiro retrato dun descoñecido, nunha rúa con moita xente cuxa angostura facía de min un estorbo para o resto do público. Sabía que tiña que ser rápido e ao tempo preciso porque se na imaxe saíse outra persoa facilmente recoñecíbel podería estragar a posibilidade de publicala sen vulnerar dereitos de imaxe.

En poucos segundos calculei a exposición e disparei. Unha única toma… Visto e non visto!… Eses nervios!

Faciliteille o meu contacto á simpática animadora que aos poucos aproveitou para solicitar a copia prometida. Para sorpresa dun servidor parece ser que lle gustou.

A fotografía non leva retoque máis alá dun revelado dixital do arquivo RAW e do tratamento da cor, aínda que neste tipo de fotografía adoitase suavizar peles e a facer algunhas correccións. Neste caso quedou tal e coma saíu da cámara.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s