Sir Richard

“Ningún home pode combater se non atopa a súa forza interior, a súa alma de cabaleiro.”

Masami Kurumada

Caracterización: Grupo de Especialistas Hípica Celta

O día no que disparei esta foto foi cando coñecín a este grupo de especialistas e o tupo de espectáculo que facían, sinceramente excepcional, encantoume! Con actores tan bos é difícil que unha instantánea che saia mal.

Pareceume unha boa oportunidade para practicar fotografía de acción. Nese momento so tiña o meu equipo tal e coma viña no kit: corpo e mailo 18-55mm, que foi co que disparei.

Levaba coma segundo corpo a miña vella Fujifilm S100FD pero a súa resolución non era tan boa aínda que o seu zoom de 400mm deixoume algúns intres que logo lles entreguei a esta xente e que chegaron incluso a publicar ma súa páxina do Facebook.

En canto á fotografía, sei que o cadro pode parecer un chisco raro pero todo ten explicación e está feito conscientemente. Desde onde me atopaba, de capturar un encadre máis baixo veríase público e modernidade sacándonos rapidamente desa viaxe no tempo. Encadrar ademais ao cabalo restaríalle protagonismo a Sir Richard e o que estaba a procurar era un retrato. Porén, para darlle realismo á imaxe precisaba que se vise vida porque se todo fose armadura podería tratarse dun moneco. Aí é onde os ollos do cabalo nos din que estamos a ollar algo real e con vida, de carne e óso, sen que por elo o xinete comparta protagonismo.

Era a primeira vez que disparaba coa Nikon D3400.

Outro set de fotografías miñas publicado polo Grupo de Especialistas Hípica Celta no seu Facebook pódelo ver aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s